Publicacións

Elaborando Climogramas

Imaxe
Dentro da área de Ciencias Socias, relacionado co estudo dos diferentes climas o alumnado das aulas E-DIXGAL elaboraron cadanseu climograma do mes de xaneiro na cidade de Santiago. Na gráfica recóllense as datos de precipitación e temperatura de todo o mes a traves dunha "táboa de datos" A referencia foi a estación meteorolóxica máis cercana publicada na páxina de meteogalicia.

Semana de Rosalía

Imaxe
Preparando a montaxe audiovisual sobre o poema "Caldo de Gloria" Pasos que seguimos para a montaxe: 1º Busca do poema na Internet 2º Lectura do poema 3º Busca de vocabulario descoñecido 4º Aclaración e correción de castelanismos e formas non normativizadas 5º Lectura comprensiva: División de secuencias e detalles importantes 6º Plasmación plástica de cada secuencia 7º Dixitalizar as imaxes cos equipos do alumnado 8º Grabar o audio 9º Realizar a montaxe audiovisual Dixitalizando as secuencias creadas polo alumnado.
Imaxe
24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA MONTAXE ELABORADA POLO ALUMNADO DAS AULAS E-DIXGAL DE 5º E 6º EP COA COLABORACIÓN DE 6º EI DO CEIP APÓSTOLO SANTIAGO

Celebrando Rosalía

Presentación elaborada por unha alumna de 5º EP do CEIP Apóstolo Santiago do poema "Caldo de Gloria" de Rosalía de Castro. Presentación "Caldo de Gloria" from Xabier Baldomir

Axenda

Imaxe
Unha das ferramentas que temos nas aulas E-Dixgal é a axenda. Esta é a nosa axenda de febreiro. Destacado a celebración  a festa do entroido e a semana de Rosalía. O tema do entroido foi "A festa no faiado" de Mª Victoria Moreno. Para lembrar a Rosalía prepararemos o poema "Caldo de gloria" POEMA ‘Miña casiña, meu lar’ (Rosalía de Castro) Miña casiña, meu lar, cantas onciñas de ouro me vals. Vin de Santiago a Padrón cun chover que era arroiar, descalciña de pé e perna, sin comer nin almorzar. Polo camiño atopaba ricas cousas que mercar i anque ganas tiña delas non tiña para as pagar. Nos mesóns arrecendía a cousas de bon gustar, mais o que non ten diñeiro sin elas ten que pasar. Fun chegando á miña casa toda rendida de andar; non tiña nela frangulla con que poidera cear. A vista se me varría que era aquel moito aunar. Fun á porta dun veciño que tiña todo a fartar; pedinlle unha pouca broa e non ma quixo emprestar. As bagullas me caían q

Entroido

Imaxe
Celebramos o entroido co tema "A Festa no Faiado" de Mª Victoria Moreno. Empregamos os personaxes da obra para nos disfrazar. Unhas de Uxía, outros de gato e algúns de rato.